¡Nin rosiñas brancas, nin claveles roxos!
Eu venero as froliñas dos toxos.
A nosa Tarta galega: a fusión perfecta entre tradición e innovación.
Tradición galega
A Tarta galega é a nosa creación máis especial, unha fusión que celebra a tradición pasteleira galega: a tarta de améndoa, con séculos de historia na nosa rexión, e o queixo semicurado galego, co seu sabor intenso e carácter único.
En Panadería Ana quixemos unir dúas das nosas especialidades nunha sobremesa representativa da nosa propia terra: a rústica base de améndoa combinada co doce cariño do queixo cremoso.
A perfecta harmonía entre a tarta de améndoa e o queixo galego.
Sabedoría tradicional
A nosa Tarta galega comeza cunha base de tarta de améndoa tradicional, elaborada con améndoas moídas da mellor calidade, ovos frescos e ese toque especial que perfeccionamos ao longo dos anos. Esta base proporciona unha textura húmida e rica, hidratándose co queixo.
Sobre esta base, engadimos unha capa de tarta de queixo elaborada con queixos do país, incluíndo queixo semicurado galego que sobe durante o forneado, creando unha esponxosidade única, similar ao mousse. O resultado é un contraste sublime: a dozura da améndoa co punto salgado do queixo, a textura densa da tarta coa esponxosidade da tarta de queixo.
Tradición e Modernidade
Mentres que as nosas tartas de queixo modernas (Lotus, Pistacho, Kinder e Froitos Vermellos) exploran novas combinacións de sabores, a Tarta galega é o noso tributo ao auténticamente galego.
Esta creación non segue tendencias internacionais, senón que se arraiga no noso: a améndoa dos bosques galegos e o queixo das nosas vacas, criadas nos verdes pastos da nosa terra. É a resposta a quen busca o sabor de Galicia en estado puro.