Os nosos produtos

Empanada galega artesanal

Empanadas galegas

O sabor da tradición galega

As nosas empanadas caseiras prepáranse con masa fina e crocante, e recheos elaborados con produtos locais. Podes elixir entre zamburiñas, polbo, bacallau, carne, atún ou mesmo mazá para un toque doce. Cada unha reflicte o sabor auténtico da Costa da Morte.

Empanadillas variadas

Empanadillas

Saborosas, prácticas e sempre caseiras

Perfectas para levar ou gozar no momento, as nosas empanadillas prepáranse coa mesma masa caseira que as empanadas grandes. Dispoñibles en sabores clásicos como xamón e queixo, carne e atún. Pequenas en tamaño, grandes en sabor.

Croissants e napolitanas Doces e follas artesanais

Bolería e follas

Recén feitos cada mañá

Preparamos a diario croissants, napolitanas, ensaimadas e unha gran variedade de doces de folla. Todos elaborados con manteiga de calidade e un toque de cariño, ideais para acompañar os nosos cafés ou levar á casa.

Tartas de aniversario personalizadas

Tartas e biscoitos

Endulzamos os teus momentos máis especiais

Elaboramos biscoitos caseiros e tartas personalizadas para aniversarios, celebracións ou calquera ocasión especial. Podes elixir sabores, recheos e decoración ao teu gusto. Cada tarta prepárase de forma artesanal, con ingredientes frescos e naturais.

Encarga a túa tarta
Pasteis individuais Pasteis variados

Pasteis

Pequenas delicias para calquera momento

Dende pasteis de crema ata milfollas ou tartaletas de froita, en Panadería Ana elaboramos unha gran variedade de doces con receitas tradicionais. Perfectos para acompañar o café ou gozar nunha sobremesa tranquila en Cee.

Café

Cafés

O teu momento de descanso

Ademais dos nosos produtos de forno, servimos cafés recén feitos para tomar no noso local. Unha opción ideal para compartir un momento agradable.

Descobre as nosas especialidades máis queridas

Ver especialidades